Brisa cálida que acaricia
na miña alma
os recordos pasados.
Cheiros que xorden do vento,
viaxan á miña memoria
que identifico contigo.
Calafríos que percorren
o meu corpo, cal tornado
que arrasa poboacións,
cando penso na túa ollada,
nas túas palabras,
na túa voz,
nos teus bicos.
Bágoas esvaran polas miñas meixelas,
mentres me sinto desgraciada
alguén que tiña todo
e non lle queda nada,
nada,
nada.
Nada salvo a soidade
do seu corazón abandoado,
nada salvo o desexo
de voltar a verte,
oírte,
tocarte,
bicarte.
Nada salvo a esperanza
de que todo volva a ser igual.
No hay comentarios:
Publicar un comentario